Loading...

ESPAZO DE XOGO E FAMILIA

Para familias con bebés e nenos/as de 4 a 20 meses

Cáles son os obxetivos?

  • Crear un espazo para compartir miradas que busquen favorecer a autonomía e o desenvolvemento das crianzas.
  • Observar, analizar e dar resposta as necesidades que surxan.
  • Apoiar na creación de estratéxias para os coidados e rutinas.
  • Acompañar o desenvolvemento das crianzas e ver a sua evolución reflexada no xogo autónomo.

En qué consisten os encontros?

Faránse entre grupos afins en relación as características das crianzas. Os grupos serán de mínimo de 2 familias (bebé+ adulto) e máximo de 8 familias.

Haberá un momento inicial de compartir información, un ambiente preparado tendo en conta as características dos/as nenos/as de cada grupo onde se desenvolverá a acción principal do espazo, o momento de xogo autónomo por parte de bebés e nenos/as e a observación e acompañamento as súas necesidades por parte dos adultos. Os/as protagonistas son os bebés, nenos e nenas. Por último, teremos un tempo de compartir observacións, reflexións, dúbidas e posibles ferramentas para as rutinas e coidados.

Quén creará e acompañará o espazo?

Por unha parte Aroa R., logopeda especialista en Atención Temperá, que conta con formación en pedagoxías respetuosas ca infancia e co seu desenvolvemento, cerfificada en disciplina positiva para familias e apaixoada la linguaxe e da comunicación. A outra parte do equipo é Paula G., fisioterapeuta pediátrica, especialista en neurodesenvolvemento, con amplia formación e experiencia no desenvolvemento de bebés, nenos e a implicación da familia, namorada da evidencia científica e do trato cos bebés e familias. 

Outros datos:

1 ou 2 xuntanzas ao mes: inicialmente en horario de mañán martes e/ou mércores.
Prezo: 25 € /día (22 € familias do centro). Duración: 90 min aprox.

Ligazón para inscribirse: https://docs.google.com/forms/d/1JAsuhAVvH3IqhKZSqI3JOYc0jlOZNIUjFaj2CJO5RUU/viewform?edit_requested=true