Loading...
L O G O P E D I A

A logopedia é unha profesión sanitaria, cun amplo abanico de funcións en canto á comunicación humana e a os aspectos do sistema estomatognático. En concreto, o noso traballo céntrase na prevención, valoración e intervención en bebés, nen@s e adultos, das dificultades e/ou alteracións relacionadas coa comunicación, a linguaxe oral / linguaxe escrita (lectoescritura), a fala e as funcións orofaciais, entre elas a deglución. dirixíndonos a:

  • Comunicación: funcións comunicativas, sistemas alternativos e/ou aumentativos de comunicación, comunicación familiar, etc.
  • Todas as áreas da linguaxe: fonético-fonolóxica, morfosintáctica, léxico-semántica e pragmática.
  • Linguaxe escrita ou lectoescritura: rutas de acceso ao léxico, aprendizaxe e desenvolvemento da lectura e a escritura e outros procesos implicados.
  • Deglución, masticación, musculatura orofacial e/ou respiración, entre outros.
  • Xeneralización e intervención directa e indirecta co entorno.

Creemos na prevención e no empoderamento das familias para favorecer o aprendizaxe dende todos os contextos, especialmente os naturais. Por isto, o noso principal obxectivo é proporcionar a información e estratexias necesarias para lograr a maior autonomía e xeneralización posible. 

Dispoñemos de área infantil e de adultos.

P S I C O L O X Í A

PSICOLOXÍA

Dende a psicoloxía implicámonos de cara a lograr o benestar e a mellora constante das persoas, acompañando en todo o proceso de cambio e/ou dificultade en calquera etapa da vida. As persoas enfrentámonos a diferentes situacións que poden sobrepasarnos ou resultar complexas de resolver por un/ha mismo/a.

Dende unha perspectiva respetuosa, adaptándonos aos ritmos personais e a cada circunstacia, comprometémonos a dar unha resposta que atenda as necesidades das persoas que nos visitan, deseñando un plan terapéutico específico invidualizado. Así mesmo os enfoques e as ferramentas utilizadas irán cuidadosamente pensadas de cara a co-construír coa implicación activa da persoa a mellor solución, entendendo que existen diversas formas de abordaxe para unha dificultade, resultando unhas ou outras máis adecuadas para cada caso concreto. Abordando as dificultades existentes como o manexo emocional, ansiedade, depresión, problemas de soño, trastorno obsesivo compulsivo, dificultades alimentarias, problemas de conducta, trastornos adaptativos, dificultades escolares e/ou familiares, e siempre atendendo as necesidades das persoas e do seu entorno a traves da intervención terpéutica:

- Intervención con poboación infantil e adulta.

- Intervención familiar.

- Intervención con parellas.

 

NEUROSICOLOXÍA

A neuropsicología constitue unha rama das ciencias que estudan as bases biolóxicas da conduta. Defínese como a disciplina que estuda a relación cerebro-conducta e o seu obxectivo principal é analizar o funcionamento cognitivo e conductual dende una vertente biolóxica e, concretamente, dende o sistema nervioso central.

Valoramos moitas funcións, entre elas: a capacidade intelectual, atencional e velocidade de procesamento da información. Memoria e capacidade para levar a cabo novas aprendizaxes, lectura/escritura/cálculo, visuopercepción/visuoconstrucción e coordinación motora, funcionamento executivo (capacidade de planificación, organización, flexibilidade cognitiva, inhibición), conducta e funcionamento emocional, habilidades sociais.Noso traballo vai dirixido a persoas con trastornos do neurodesenvolvemento (TDAH, PCI, Epilepsia Infantil, TEA, TEL/TDL, etc.), trastornos da aprendizaxe (Dislexia, Discalculia, TANV, etc.), dificultades ou alteracións derivadas de Dano Cerebral Adquirido (TCE, Ictus, tumores, anoxia, etc.), patoloxía neurodexenerativa (EM, Alzheimer, Parkinson, etc.) e/ou Deterioro Cognitivo Leve. 

 

OUTRAS ESPECIALIDADES

T E R A P I A    O C U P A C I O N A L

Orientamos a intervención á mellora da calidade de vida das persoas nas suas áreas de desempeño ocupacional: actividades da vida diaria, educación, alimentación, traballo, xogo, ocio e tempo libre, descanso e sono. Buscamos a maior autonomía posible, a través dunha visión ampla do desenvolvemento e tendo en conta a globalidade da persoa.

Algúns dos enfoques cos que traballamos son a Integración Sensorial (Certificación oficial), as capacidades sensoriomotoras, a psicomotricidade, o entorno psicosocial, as habilidades cognitivas, traumatoloxía/prótesis/ortesis, adaptación do entorno e productos de apoyo.

O noso traballo diríxese á prevención, valoración e intervención das dificultades evolutivas ou trastornos do neurodesenvolvemento con implicación sensorial (alteracións do procesamento ou modulación sensorial, etc.), sensoriomotora e/ou psicomotoras, así como, alteracións ou dificultades nas funcións do día a día derivadas de dano cerebral adquirido, patoloxía neurodexenerativa ou de base neurolóxica.

Contamos con área pediátrica e de adultos.

 

Terapia Ocupacional

 

F I S I O T E R A P I A    N E U R O L Ó X I C A

Buscamos a prevención, recuperación e adaptación de personas de calquera idade con dano cerebral adquirido ou innato, sendo o obxetivo principal restablecer a autonomía da persoa no seu día a día, a través de intervencións/tratamentos personalizados que axuden a mellorar ou restablecer o movemento

Atendemos, entre outras, a persoas cas seguintes alteracións ou necesidades: retrasos xeneralizados do desenvolvemento infantil, prematuridade, hipotonías xeneralizadas, patoloxías do Sistema Nervioso Central (ictus, parálisis cerebral, traumatismo craneoencefálico, lesión medular, Parkinson, Esclerosis Múltiple, Esclerosis Lateral Amiotrófica, Ataxias o demencias), patoloxías neuromusculares (distrofias ou atrofias musculares), patoloxías musculo-esqueléticas e problemas posturais.

O traballo fisioterápico planificase de forma específica para cada tipo de persoa e necesidades, en sesións individuais dunha hora de duración, tendo sempre en conta as posibilidades e obxetivos a conseguir, aplicando os métodos e/ou técnicas máis convenientes en cada caso. 

Apoio e acompañamento tanto no centro terapéutico como no domicilio, en función das necesidades.