Queremos darvos a benvida ao noso sitio web e presentarvos o proxecto de Sintes. O que xorde do feito no que tres profesionais, cunha visión común, uníramos forzas e competencias para levar a cabo o noso traballo con eficacia. Detectamos a necesidade de formar un equipo interdisciplinar en Lugo que abordase as dificultades derivadas da patoloxía neurolóxica e os trastornos do neurodesenvolvemento, que abarcan unha gran variedade de idades pero sen esquecer as características específicas de cada etapa e a súa correspondente intervención. E así, unindo a nosa formación e compartíndo métodos, comezamos esta nova aventura chea de ledicia.
O proxecto Sintes está baseado nos nosos ideais:
-
Dinamismo
- Un equipo dinámico no que compartir métodos e coñecementos de cada disciplina. Os obxectivos e achegamento do tratamento están delimitados polo equipo, e non de forma estática, senón que serán reformados e adaptados según a evolución do paciente.
-
Conciencia
- Consideramos como parte das nosas funcións aportar coñecementos á poboación e promover a conciencia e unha maior visibilidade das patoloxías neurolóxicas.
-
Flexibilidade
- Estamos abertos a diferentes perspectivas e adaptámonos a novas situacións. A creatividade forma parte das nosas ferramentas na resolución de problemas e na intervención terapéutica.
-
Integración
- O noso obxectivo principal é lograr a maior integración posible da persoa no seu contorno.
-
Formación
- Somos profesionais en formación continua e en contacto cos avances terapéuticos no noso campo.
-
Prevención
- Gran parte do noso traballo ten como obxectivo previr as posibles dificultades que poidan xurdir no futuro ou no desenvolvemento dunha persoa. É por iso, que consideramos necesario que se dea unha intervención precoz aos signos de alerta das diferentes enfermidades neurolóxicas.
Todo o anterior baséase no noso obxectivo principal, que é o maior benestar da persoa e do seu entorno. Por iso, somos un equipo en constante formación e intentamos poñer as nosas ideas en práctica día a día, deixando ao carón a inflexibilidade e traballando cunha visión aberta e creativa, para ofrecer unha intervención adaptada ás necesidades de cada persoa.